Sin stock. Solicite información
Se a literatura galega, a unha idade xa tan provecta e respeitábel como ten, levara unha axenda persoal, ou mesmo un diario, apuntaría á altura de 1995: «Por fin alguén berrou puta no meu seo! Quen é..? Nin a coñezo, chámase Lupe Gómez. E é de Fisteus, do confín das vacas…». E máis abaixo: «Tenme sorprendida. Actúa coma unha nena pequena, si, pero coma esa cativa que deixa caír unha verdade dolorosa e suprema no medio dunha aborrecedora reunión de adultos. Ela abre a boca e de súpeto todo estala… Tamén en min…»
Reviews
There are no reviews yet.