POLAROID

Original price was: €37,19.Current price is: €11,16.

SKU: a4946 Category:

En stock

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2006
Materia
Ficción
ISBN:
978-84-9782-460-6
Páginas:
176
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
ANIVERSARIO

Polaroid de Suso de Toro bateu coma un lóstrego na narrativa galega da década dos oitenta, axudando de forma decisiva a reorientala nos vieiros da modernidade. Publicado por vez primeira en 1986, dentro da colección XERAIS NARRATIVA, recibiu dende entón, un grande apoio dos lectores novos, que viron neste libro perturbardor unha referencia case xeracional. Vinte anos depois, esta nova edición, publicada dentro da colección ?Xerais. Os libros do XXV aniversario?, editada por Xerais e a Fundación Caixa Galicia, ilustrada con fotografías de Ricardo Boó e correxida e actualizada definitivamente polo autor cun novo epílogo, engadido ao da edición de 1997, constitúe tamén polas súas características e acabamentos un novo acontecemento na edición en lingua galega.
Polaroid é un libro de narracións que enlaza tanto coa cultura underground dos anos setenta como co tempo da cultura pop, da produción de obxectos industriais de consumo en serie, do tempo dos medios de comunicación audiovisuais e da cultura da música pop anglosaxona. Mais tamén é un libro que trata das linguaxes, da lingua e os seus diversos niveis e usos; que xoga e experimenta coa linguaxe narrativa; que ironiza sobre a literatura e as súas retóricas; que utiliza, a partir da oralidade, todo tipo de materiais atopados, creados, manipulados para facer literatura?

Reviews

There are no reviews yet.

Be the first to review “POLAROID”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *