OS ONCE

Original price was: €14,35.Current price is: €4,31.

En stock

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
2009
Materia
Literatura moderna y contemporánea
ISBN:
978-84-9865-239-0
Páginas:
122
Encuadernación:
Rústica
Colección:
BIBLIO COMPOSTELA

Pierre Michon é un dos grandes autores franceses contemporáneos, unha figura xa mítica no ambiente literario francés, onde é coñecido por ser un dos escritores máis esixentes desde o punto de vista literario pese a manterse afastado dos cenáculos literarios parisinos. O autor acadou sona internacional con Vies minuscules, libro de relatos que publicou aos 37 anos. Na súa nova novela, Os once, conta a historia dun cadro exposto no Louvre e no que aparecen os membros do Comité de Salvación Pública durante a Revolución Francesa. Michon reconstrúe na novela a historia dese cadro e do momento histórico que aparece reflectido nel. En Os once, Michon conta a historia do pintor François-Élie Corentin, a quen en plena Revolución Francesa lle encargan pintar un cadro no que aparezan retratados os membros do temido Comité de Salvación Pública, «os once», entre os que se encontraban Robespierre e Saint-Just, organismo que levou adiante a denominada política do terror. Nesta viaxe no tempo á que Michon arrastra ós seus lectores grazas á forza de evocación do relato, o escritor francés realiza unha crítica desapiadada do poder para, fronte os grandes persoeiros da Historia, situar as súas vítimas. Os once recrea maxistralmente o París revolucionario, retrata os protagonistas da revolución e critica a Arte que se pon ao servizo do poder político.

Reviews

There are no reviews yet.

Be the first to review “OS ONCE”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *