O SOLPOR DA CUPLETISTA

Original price was: €19,48.Current price is: €5,84.

SKU: a18023 Category:

Sin stock. Solicite información

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2013
Materia
Literatura moderna y contemporánea
ISBN:
978-84-9914-568-6
Páginas:
120
Encuadernación:
Rústica
Colección:
NARRATIVA

En O solpor da cupletista María Xosé Queizán focaliza o seu oficio narrativo nun momento final da vida da Bela Otero para presentarnos unha das mulleres saídas de Galicia cunha forza, unha beleza e unha intelixencia tan soberbia que logrou o protagonismo estelar no momento histórico da vida alegre. Recorrendo ao flash back, a autora condúcenos á infancia daquela nena, de extracción moi humilde, que desde ben nova comprendeu que, dada a súa condición miserable, lle arrebatarían sen pagar o seu corpo e a súa beleza, de tal xeito que ela mesma decidiu usalo no seu proveito, chegando a converterse nunha das artistas europeas máis famosas da época. Cunha prosa directa que sabe mostrarnos as debilidades e grandezas dunha personaxe real e da súa Belle Époque, Queizán constrúe un relato intenso e apaixonante.
Abordando a vida da Bela Otero desde a perspectiva máis íntima e persoal, e eludindo conscientemente os sucesos máis sonados do seu éxito, O solpor da cupletista desvélanos o verdadeiro rostro da artista, rostro que inevitablemente nos remite a unha infancia que Carolina Otero esconxurou para esquecela.
Á novela curta, a autora engádelle nesta edición un interesantísimo ensaio de investigación baixo o título de Carolina Otero, a liberdade arrogante que reconstrúe as paisaxes do seu periplo vital.

Reviews

There are no reviews yet.

Be the first to review “O SOLPOR DA CUPLETISTA”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *