En stock
Baseadas en lendas e crenzas populares, como a do lobishome e a dos mouros gardadores de tesouros fabulosos, moitas destas narracións vencéllanse coa nosa imaxinación colectiva como pobo. Noutras o autor adiántase ao seu tempo para facer unha parodia crítica e mordaz, maxistral e divertida, dos comportamentos, roles e obsesións da sociedade de hoxe. Este libro inclúe algúns dos relatos máis admirados do autor ourensán, como «Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros», «O lobo da xente», «A trabe de ouro e a trabe de alquitrán» e «Os europeos de Abrantes».
Reviews
There are no reviews yet.