O LAPIS DO CARPINTEIRO (EDICIÓN XXV ANIVERSARIO)

Original price was: €37,19.Current price is: €11,16.

En stock

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2005
Materia
Literatura moderna y contemporánea
ISBN:
978-84-9782-391-3
Páginas:
184
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
EDICIÓN LITERARIA – LIBROS XXV ANIVERSAR

O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas é a novela galega contemporánea máis apoiada polos lectores. Publicada en 1998, dende entón, conta con dezanove edicións e case setenta mil exemplares vendidos en lingua galega, ademais de constituír a obra máis traducida da literatura galega (ata agora a dezaseis linguas) e ser adaptada ao cine por Antón Reixa e ao teatro polo grupo Sarabela. Esta nova edición, dentro da colección ?Xerais. Os libros do XXV aniversario?, ilustrada polo pintor Xosé Luís de Dios e correxida e actualizada definitivamente polo autor, constitúe polas súas características e acabamentos un acontecemento na edición en lingua galega.

O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade, en tempo de guerra e posguerra, que chega aos nosos días. Un grande amor entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia de ambiente reaccionario, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuidor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles a mirada escrutadora dun home que non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e graza de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar.

Unha novela que constitúe o testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de todas as guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder salvífico do amor. Unha novela excepcional que coa presente edición ilustrada ficará no lector gravada como un engrama, coma o sulco dunha cicatriz que rescata o mellor da nosa memoria.

Reviews

There are no reviews yet.

Be the first to review “O LAPIS DO CARPINTEIRO (EDICIÓN XXV ANIVERSARIO)”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *