En stock
En Madrid edítase, en 1984, o libro de César lombroso, Os anarquistas, cheo de abundante desinformación sobre o anarquismo. Ricardo Mella leo axiña e, en 1896 replicaralle co seu traballo Lombroso e os anarquistas (…). Mella, en Lombroso e os anarquistas, semella convencido de que cando a revolución veña, cando este momento central do proceso evolutivo da humanidade sexa factible, o pobo fará a revolución total, integral, en definitiva, a revolución anarquista: «cando a revolución sobreveña, o pobo fará a revolución anarquista, farto xa de mesías políticos e sociais, de gobernantes e administradores » desinteresados » , de toda clase de delegacións, de representantes e de intermediarios)) (…) O que Mella ten por ideal é un mundo no que «a solidariedade substitúa á loita)) , do que se trata, en definitiva, é de que «a revolución, destruíndo artificiais diferencias (…), restitúa o mundo ás condicións naturais da paz e a fraternidade)) (Antón Fernárdez Álvarez, Ricardo Mella ou o Anarquismo Humanista). Mella quere, simplemente, a liberdade, toda a liberdade, para educar o presente e para actuar no porvir (…) Quere o home libre e dono dos seus propios destinos en todo tempo e lugar. Nin máis nin menos. (José Prat, O Pensamento de Ricardo Mella).
Reviews
There are no reviews yet.