A VIDA SECRETA DE MARÍA MARIÑO

Original price was: €7,84.Current price is: €2,35.

SKU: a5599 Category:

En stock

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2007
Materia
No ficción: infantil y juvenil
ISBN:
978-84-9782-575-7
Páginas:
104
Encuadernación:
Otros
Colección:
MERLÍN +11

Este libro, escrito por Fran Alonso e ilustrado por Fino Lorenzo, presenta unha completa biografía e unha antoloxía representativa da obra de María Mariño, a autora homenaxeada no Día das Letras Gelgas 2007. Estudando cada un dos periodos biográficos da autora, desde o seu nacemento en Noia, pasando pola súa estadía en Euscadi e a súa volta a Galicia onde vivirá o resto da súa vida no Courel, o volume permite un achegamento didáctico e atractivo para o alumnado do terceiro ciclo de educación primaria e do primeiro de educación secundaria obrigatoria.

A través das entretidas páxinas deste libro, o escritor vainos contando a vida e a obra de María Mariño como se fose unha novela.

Mesturando a realidade e a ficción, desvélanos a extraordinaria figura de María Mariño desde o mesmo día en que naceu. De Noia ao Courel, pasando polas difíciles circunstancias da Guerra Civil, A vida secreta de María Mariño describe a personalidade dunha muller e dunha obra literaria de gran altura. O libro, que inclúe unha cronoloxía e unha antoloxía poética, é de lectura agradable, amena e desenfadada.

Reviews

There are no reviews yet.

Be the first to review “A VIDA SECRETA DE MARÍA MARIÑO”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *