Á LUS DO CANDIL

Original price was: €17,10.Current price is: €5,13.

SKU: a7991 Category:

En stock

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
2004
Materia
Literatura clásica
ISBN:
978-84-8288-753-1
Páginas:
168
Encuadernación:
Rústica
Colección:
BIBLIOTECA ÁNXEL FOLE

A Biblioteca de autor que Galaxia dedica ao autor lugués inclúe este libro que é fundamental para entender a evolución da literatura galega do século XX. A cuberta do libro reproduce un cadro de Carlos Maside e conserva o limiar que para a primeira edición fixera Salvador Lorenzana. Publicado no 1953, Á lus do candil é unha colección de quince relatos nos que a imaxinación e o humor xogan un papel importante á hora de desenvolver as sorprendentes historias de misterio que xorden da vida cotiá. Coma os contos que se comparten o carón da lareira, as narracións de Fole conservan toda a frescura e espontaneidade, toda a graza e lixeireza que autores coma Italo Calvino consideran unha das virtudes fundamentais das obras literarias. Este libro foi unha contribución esencial ao rexurdimento da narrativa galega de posguerra. A descuberta dun mundo máxico que se confunde co real, onde por tras das aparencias xorden historias insospeitadas, contos de aparecidos, de lobos, de premonicións e soños fantásticos… Un libro que hoxe continúa a ofrecer aos lectores e lectoras toda a intensidade e toda a forza de sedución da gran literatura.

Reviews

There are no reviews yet.

Be the first to review “Á LUS DO CANDIL”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *